Synopsis Vigo metropolitano na Galicia céltica
Afortunadamente, hai un renacer nas investigacións atlánticas sobre a cultura céltica que enchen de contido ese grande espazo milenario, que outras fontes históricas enmudeceron esgrimindo con frecuencia que iso foi debido a que non había nada digno de ser destacado. Actitudes similares tamén as atopamos coa cultura fenicia, poderoso vínculo enriquecedor da cultura celta autóctona, se cadra porque a importancia destas dúas culturas afectaba ás persoas que transmitiron a noticia.