Anulacións e Devolucións

Anulacións

Podes anular un pedido (total ou parcialmente) en calquera momento, e sen ningún custo, a condición de que nolo comuniques antes de que o pedido estea xa ao dispor da axencia de transportes. Para iso, unicamente debes dirixirche ao apartado "Os meus pedidos" da túa CONTA, marcar os artigos que queres anular e enviarnos a túa solicitude. Nun breve espazo de tempo, confirmarémosche a túa anulación, e procederemos ao abono do importe correspondente ao artigo anulado p>

Devolucións

Se non estás satisfeito coa túa compra, tes un prazo de 14 días hábiles (a partir da recepción do teu pedido) para devolver calquera artigo que adquirises na nosa web, (os libros non deben mostrar sinais de uso e non poden estar forrados nin escritos).


Os libros de texto, poderás devolvelos ata 15 días despois de iniciarse o curso escolar segundo a data de inicio do curso da túa comunidade. Importante: Lembra que non admitimos devolucións de libros pintados, forrados ou desprecintados.


Para proceder á devolución, só terás que seguir os seguintes pasos:

1. Inicia sesión na túa conta.

2. Diríxeche ao apartado Os meus pedidos

3. Localiza o pedido que queres devolver, e selecciona "solicitar devolución"

Aquí facilitarémosche un sinxelo formulario cos datos que necesitamos para procesar a devolución. Farémosche chegar un impreso, para que o anexes ao teu envío, e así nos será mais fácil identificar a túa devolución nos nosos almacéns, e poder proceder canto antes ao reembolso do teu diñeiro.


Os gastos de devolución corren ao teu cargo, salvo que a causa da devolución fose que o artigo estivese defectuoso, ou se tratase dun erro no envío. Nese caso nós asumimos os gastos do envío da devolución.


Nos libros electrónicos, e Impresión baixo demanda (IBD/POD) non se admitirá a devolución nin se reintegrará o importe.