Política de Privacidade Ampliada

Responsable do tratamento

SERLOGAL 2.0 SL, en diante IMOSVER.COM, con domicilio de contacto sito en Poligono Industrial A Reigosa, Parcela 47 36827 Ponte Caldelas (PONTEVEDRA), e teléfono 986 76 10 42, é o responsable dos tratamentos que se efectuarán sobre os datos persoais recollidos desde esta páxina web.


É posible poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos do responsable do tratamento a través do seguinte enderezo de correo electrónico:

[email protected]

Recollida de Datos

IMOSVER.COM unicamente recolle os datos de carácter persoal que nos proporcione a través dos formularios incluídos na páxina web e os nosos enderezos de correo electrónico...


Usos e Finalidades dos Datos Recollidos

En www.imosver.com recóllense os datos de carácter persoal coas finalidades que se detallan a continuación; se non está conforme con algunha delas pode comunicalo ao enderezo de email de contacto. Os usos e finalidades previstos son:


Rexistro e Xestión de Usuarios

A información que nos proporcione no formulario de rexistro utilizarase para a xestión dos usuarios da páxina web.


Xestión de Pedidos

Cando adquire un produto na nosa tenda en liña, os datos que nos facilite serán utilizados para tramitar, enviar e facturar os pedidos realizados.


Publicación de Comentarios

A información que nos proporcione a través dos formularios utilizarase para a xestión dos usuarios e a publicación de comentarios no noso blog.


Envío de información

Os datos que nos facilite nos correos ou formularios de contacto ou a través do noso sistema de pedidos serán empregados coa finalidade de remitirlle por correo electrónico información comercial sobre os produtos, ofertas e promocións de IMOSVER.COM; se non desexa recibir este tipo de información poderá comunicalo a través do enderezo de correo electrónico de contacto.


Participación en concursos.

Os datos que nos facilite para a participación en concursos, xa sexa na web ou nas redes sociais, utilizaranse para a realización do concurso e a posterior notificación ao gañador.


Métodos de recollida de datos

Os datos antes mencionados recóllense mediante formularios e cookies. Pode consultar información detallada das cookies na nosa páxina de “Política de Cookies” que se pode consultar en https://www.imosver.com/mostrar/politica_cookies


Comunicación de Datos a Terceiros

IMOSVER.COM ten prevista a comunicación dos seus datos persoais a terceiros nos supostos que se detallan a continuación; se non está conforme con algunha destas cesións pode comunicalo ao enderezo de email de contacto. As comunicacións previstas son:


Comunicacións establecidas na Lei

Os seus datos serán comunicados a terceiros nos supostos nos que unha norma legal así o estableza (administracións públicas, autoridades administrativas ou xudiciais …etc).


Xestión de Pagamentos

Os seus datos persoais serán comunicados a terceiros cando resulte necesario para o pagamento dos produtos ou servizos adquiridos (entidades bancarias e/ou financeiras propietarias dos medios de pagamento utilizados).


Mensaxaría e Loxística

Comunicaranse ás empresas de mensaxaría ou loxística coas que traballemos os datos de carácter persoal que resulten necesarios para remitirlle os produtos adquiridos.


Exercicio de Dereitos

O tratamento en xeral inclúe a conservación dos datos, a comunicación aos departamentos apropiados de cada empresa e mesmo a comunicación dos datos entre as distintas empresas do grupo.

As bases xurídicas do tratamento son o consentimento expreso proporcionado polo interesado, o interese lexítimo do responsable e a execución dunha relación contractual. É necesario que o interesado proporcione os datos para poder prestar os servizos encomendados. En caso de non facilitarse ditos datos, o responsable do tratamento non poderá levar a cabo ditos servizos.

Os datos persoais serán conservados durante o prazo de conservación legalmente obrigatorio e un período adicional de catro anos.

O interesado ten a posibilidade de solicitar ao responsable o acceso aos seus datos persoais, a súa rectificación, a súa supresión, a limitación do seu tratamento, oporse a dito tratamento ou exercer a portabilidade dos datos que sexan tratados de forma automatizada.

Para exercer os seus dereitos debe achegar copia do documento oficial que o identifique (DNI, carné de conducir ou pasaporte) ao enderezo de correo electrónico de contacto.

En caso de conflito, o interesado pode acudir á Axencia Española de Protección de Datos ou a calquera outra autoridade de control competente para entender das súas reclamacións.

O interesado pode retirar o seu consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude dos tratamentos baseados no consentimento previo á súa retirada.

Os datos do interesado non serán usados para decisións individuais automatizadas.