As presentes condicións legais regulan o uso permitido desta páxina web que SERLOGAL 2.0. SL, en diante IMOSVER.COM, pon a disposición dos usuarios de Internet. Se non está conforme con estas condicións legais, debe abandonar esta páxina web.
O usuario obrígase a usar a web, os servizos e os seus contidos de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, deberase abster de:
– Suprimir, eludir ou manipular o copyright e demais datos identificadores dos dereitos dos seus titulares incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismo de información que puideren incluír os contidos.
– Introducir programas, virus, macros ou calquera outro dispositivo lóxico ou secuencia de caracteres que causen ou sexan susceptibles de causar calquera tipo de alteración na páxina web ou nos sistemas informáticos que a soportan.
– Usar ou instalar programas ou dispositivos capaces de invalidar os controis ou contrasinais de seguridade establecidos por IMOSVER.COM, estando igualmente prohibido descifrar as claves, sistemas ou algoritmos de cifrado ou calquera outro elemento de seguridade da páxina web ou de calquera dos seus usuarios.
– Realizar unha copia ou captura de pantallas da páxina web sen a autorización expresa de IMOSVER.COM.
– Efectuar copias ou versións da páxina web ou do seu código fonte sen o consentimento expreso de IMOSVER.COM.
– Realizar calquera tipo de comportamento contrario á lei ou á boa fe.