- Libros
- ECONOMIA Y EMPRESA
- APPCC avanzada
- Libros
- ECONOMIA Y EMPRESA
- APPCC avanzada
Sinopse APPCC avanzada
O sistema APPCC (Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico) é un procedemento metódico, científico e predominantemente preventivo que, utilizado ao longo da cadea de subministración do alimento proporciona un elevado índice de seguridade respecto á calidade hixiénico-sanitaria deste, é dicir, avala que o produto cumpre certas normas de limpeza, conservación, transporte...
A nova Norma ISO 22000 é un sistema de xestión en materia de seguridade aplicable á cadea de abastecemento de alimentos e, polo tanto, unha ferramenta para implementar o sistema APPCC. Esta norma está avalada internacionalmente e tódolos sistemas de xestión de inocuidade de alimentos que a cumpren son susceptibles de certificación.
O obxectivo principal deste manual, que Ideaspropias Editorial lle presenta, é proporcionar ao lector a través dunha metodoloxía didáctica, un coñecemento teórico-práctico do sistema APPCC, da súa importancia, dos seus principios e da súa aplicación.