https://www.imosver.com/gl/libros-texto/historia-do-mundo-contemporaneo-1obachillerato-NOB0091445NOB0091445HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 1ºBACHILLERATO46.55Baía Edicións presenta unha proposta para traballar a materia de Historia do mundo contemporáneo acorde coas indicacións LOMLOE, que se concreta en: Un caderno-libro de Proxectos significativos para ahttps://static.imosver.com/imagenes_small/9788499/978849995401.jpgLibros textoEn stockBAIA000https://static.imosver.com/imagenes_small/9788499/978849995401.jpg4952.452022/09/019788499954011ALFEIRAN RODRIGUEZ, XOSE / ROMERO MASIA, ANALibros Textoaño_2022idioma_GalegoGautor_ALFEIRAN RODRIGUEZ, XOSE / ROMERO MASIA, ANAsaga_1º BACHILLERATO
Este tipo de cookies permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nelas existan.
imosverlaravel_session
Descrición
Esta cookie é necesaria para que o sitio web funcione e non se pode desactivar nos nosos sistemas.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
imosver.com
OCT8NE
Descrición
Esta cookie utilízase para o correcto funcionamento do Chat de Oct8ne para prestar o servizo de atención ao cliente ao usuario.
Son aquelas que posibilitan o seguimento e análise do comportamento dos usuarios na nosa páxina. A información recollida utilízase para a medida da actividade dos usuarios na web e a elaboración de perfís de navegación dos usuarios.
_clsk
Descrición
Rexistra datos estatísticos do comportamento do visitante na web. Isto utilízase para análises internas por parte do operador da web.
Duración
1 ano
Dependencias
_clsk,MUID,_clck
Dominio
logglytrackingsession
Descrición
Identifica e rexistra a sesión do usuario con fins analíticos.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descrición
Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos sobre como utiliza o visitante o sitio web.
Duración
1 ano
Dependencias
Dominio
.imosver.com
Son aquelas que nos permiten adaptar a navegación na nosa páxina web ás súas preferencias (por exemplo, idioma, navegador utilizado, etc.).
_fbp
Descrición
Utilizado por Facebook para ofrecer unha serie de produtos publicitarios, como ofertas en tempo real de terceiros anunciantes.
Sinopse HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 1ºBACHILLERATO
Baía Edicións presenta unha proposta para traballar a materia de Historia do mundo contemporáneo acorde coas indicacións LOMLOE, que se concreta en: Un caderno-libro de Proxectos significativos para a construción da Historia do Mundo Contemporáneo de longa duración, que irá acompañado de xeito indivisible doutro, Historia do Mundo Contemporáneo, de presentación da información seguindo o modelo clásico co que toda a comunidade educativa está familiarizada, que lle facilitará ao alumnado extraer datos que documenten a proposta do Proxecto. Esta nova proposta fundaméntase, nas súas liñas básica, na metodoloxía da aprendizaxe por proxectos, enfocándose nos conceptos centrais e principios fundamentais das disciplinas histórica, tentando aproximarse o máis posible á realidade histórica na que se move o alumnado e destacnado a importancia do seu traballo. Consta de 9 temas, recollendo en cada un deles unha das competencias específicas do currículo da HMC, consideradas así mesmo como vectores organizadores. Contaremos co libro para pizarra dixital neste curso, ademais de recursos variados nesta Aula Virtual e, destacamos pola súa utilidade, a incorporación dunha nova proposta de programación en función dos estándares de aprendizaxe. O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo- así como no estudo dos cambios e continuidades que afectan ao mundo actual -Guerra Fría, capitalismo e socialismo real, descolonización e Terceiro Mundo-; mentres que para o estudo das graves crises e conflitos do mundo de entregueras Gran Guerra, Revolución rusa, Crac do 29, Fascismos, Segunda Guerra Mundial- predomina un tratamento máis pormenorizado e temático. Os autores parten da idea de que o alumnado debe manexar e comentar un bo número de materiais documentais da época (textos, gráficas, estatísticas, mapas, fotografías, obras de arte...). Por iso en cada unha das unidades temáticas están recollidos numerosos documentos que forman parte da información, é dicir, non son meros complementos dun discurso de autor, senón que son eles os que realmente proporcionan a información histórica; o traballo dos autores céntrase na organización e recollida desa información redactando un fío condutor que facilita ao alumnado a correcta comprensión da documentación orixinal. Na selección desta documentación os autores incorporaron fundamentalmente fontes primarias accesíbeis e comprensíbeis para o nivel de ensino a que está destinado o manual. Os documentos escritos preséntanse convenientemente reducidos ás súas mensaxes básicas, destacando aqueles aspectos que máis interesaban para o tema a tratar. Na referencia bibliográfica dos textos consígnase sempre o autor, o título e a data da primeira redacción ou publicación sen especificar (por consideralo de escasa ou nula relevancia) a edición concreta que foi manexada. Ao comezo de cada unidade figuran enderezos da Internet e títulos de filmes que poden ser utilizados para completar a información do libro de texto. O manual achega tamén un anexo final de técnicas de traballo pensadas par facilitar ao alumnado o traballo cos materiais documentais de carácter textual, gráfico e audiovisual.