A cidade maldita
Abella Chouciño, Xelucho
Galego
Novidade

Sinopse A cidade maldita

Cibrán, un neno afeccionado ás aventuras e aos relatos fantásticos, aparece misteriosamente na cida-de celta de Calión, mergullada baixo as augas por unha antiga maldición. Os habitantes cren que el é o elixido polo destino, pois leva un medallón máxico relacionado coa lendaria Illa de Avalón. Para demos-trar que é o salvador que agardaban, Cibrán deberá superar tres difíciles probas que poñerán a proba o seu valor e as súas capacidades. Superadas as probas, embarca cun grupo de expedicionarios rumbo a Avalón, na procura da solución á maldición. Ao longo da viaxe, o protagonista afrontará perigos e misterios vinculados á mitoloxía e ás lendas gale-gas. A aventura lévao a descubrir un mundo no que se mesturan realidade e fantasía, pasado e presen-te, tradición e imaxinación. Cibrán terá que demostrar que a valentía non depende da forza nin da ida-de, senón da capacidade para afrontar os perigos e axudar aos demais.
EAN
9788419853400
Editorial
Ano de edición
2026
Idioma
Galego
Colección
O GLOBO
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres