A escadeira de Jacob
Blanco Amor, Eduardo
Galego

Sinopse A escadeira de Jacob

A escadeira de Jacob é o primeiro intento novelístico de Blanco Amor, quen comezou a súa redacción en 1927. Seis anos máis tarde publicáronse na revista Nós os seus tres primeiros capítulos, quedando o resto do material inédito ata esta edición na Editorial Galaxia. A novela, abordada cunha linguaxe literaria de gran modernidade, narra as peripecias de Jacob, un rico xudeu alemán que traballa en Bos Aires como apoderado dunha firma mercantil. Un bo día, mentres se mira nun espello, descobre no seu rostro un perfil lírico que impulsará un xiro radical na súa vida. Os profesores A. Tarrío e B. A. Roig realizan nesta edición unha proposta de lectura e ordenación textual da novela a partir dos manuscritos do autor conservados na Biblioteca Blanco Amor da Deputación de Ourense.
EAN
9788471548672
Editorial
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
LITERARIA
Alto
210
Ancho
135
15,90 €
-5%
15,11 €
Opinións doutros lectores
Escribe a túa opinión
0 Opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres