A homosexualidade a debate
Buxán Bran, Xosé M.;Chao Rego, Xosé;Queizán, María Xosé;Santos, Nanina;Suárez Briones, Beatriz
Galego

Sinopse A homosexualidade a debate

"Hai que saír do armario", é unha das frases máis manexadas nos últimos anos por gais e lesbianas. Pero ¿Cal é o debate sobre a homosexualidade hoxe? ¿Onde se sitúa e en que termos se establece? ¿Cales adoitan ser as actitudes máis prexuízosas dos heterosexuais fronte aos homosexuais? ¿Por qué segue a haber quen se opón á homosexualidade? ¿Por qué existe a homofóbia e os homófobos que exercen a violencia contra os homosexuais? ¿Cales son as diferencias de criterio entre as feministas lesbianas dos anos 60 e 70 e as lesbianas dos 80 e 90? ¿Que din determinadas correntes do feminismo lesbiano acerca da heterosexualidade? ¿Quen defende a unidade gai e lesbiana? ¿Cal é a relación entre a homosexualidade e a doutrina católica? ¿Como se comportou historicamente a igrexa ante a homosexualidade dentro e fóra da institución? ¿Que é o orgullo gai? ¿Por qué están están obrigados os homosexuais a buscar espacios discretos onde relacionarse sen ser descubertos? ¿Responden as lesbanas e os gais a un arquetipo físico e psicolóxico caracterizable?Conscientes da necesidade de que se fale e se debata sobre todos estas cuestións, Xerais presenta este libro, A homosexualidade, a debate, como unha contribución que sirva para dar a coñecer que é o que se opina desde o pensamento feminista e homosexual e desde os colectivos de lesbianas e gais na Galicia actual. Conscientes tamén de que os homosexuais non poden seguir convivindo coa traxedia de ver restrinxidos os seus movementos a «dentro do armario», convidamos a cinco persoas para que, desde o debate, achegasen a súa opinión a través dos cinco interesantes artigos que se publican nestas páxinas.
EAN
9788483028902
Editorial
Ano de edición
2002
Idioma
Galego
Colección
PETO
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres