A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCEPTICOS
VEIGA, MANUEL
Galego

Sinopse A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCEPTICOS

Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta de competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar subalterno dos libros na nosa lingua. Moitos lectores e lectoras son escépticos, ademais, porque ven o producido en Galicia como unha sorte de material de segunda clase. Confían máis na calidade da nosa gastronomía que na das nosas letras. Esquecen que ultimamente se conseguiron varios Premios Nacionais de Literatura. Con todo, o propósito deste libro non é destacar o bo que hai publicado. Trátase, máis ben, dunha interpretación persoal da nosa literatura recente. Falamos dalgunhas das correntes principais e das súas limitacións, e analizamos o esforzo dalgúns autores e autoras por superar os límites convencionais. A conclusión é que, a pesar da magreza de público, a literatura galega está viva. Pero, descubrir as súas claves e os seus eixes primordiais, non sempre é fácil.
EAN
9788411762007
Editorial
Ano de edición
2024
Páxinas
112
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
nº colección
125
Colección
ENSAIOS
Alto
230
Ancho
150
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres