A ra
Lluch Girbés, Enric
Galego
Galego

Sinopse A ra

María, o seu papá e a súa mamá van de excursión ás brañas e atopan unha ra. ¿E ou non é un príncipe encantado? A nova colección "Paseniño" de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo director adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións. Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilsutración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido. A calidade gráfica e literaria está garantida. Colaboraron nesta colección destacados ilustradores e escritores como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, Marina Seoane, Mariasun Landa, Vicente Muñoz Puelles, Gabriel Janer Manila, entre unha longa nómina.
EAN
9788497821483
Editorial
Ano de edición
2004
Páxinas
24
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Colección
PASENIÑO
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres