A vinganza do defunto
Reigosa, Carlos G.
Galego
Galego
Galego

Sinopse A vinganza do defunto

Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo -cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados- ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde.
A novela acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns -co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis-, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica. A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias.
EAN
9788499147567
Editorial
Ano de edición
2014
Páxinas
344
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Nº colección
362
Colección
NARRATIVA
Alto
220
Ancho
145
Opinións doutros lectores
Escribe a túa opinión
0 Opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres