Alguén así é o Deus en quen eu creo
Torres Queiruga, Andrés
Galego

Sinopse Alguén así é o Deus en quen eu creo

Alguén así expresa a tensión íntima que caracteriza as expresións vivas da fe. Suxire a firmeza de fondo, a confianza que nunca falla. A súa unión dinámica co alguén apunta ao inacabamento da comprensión, ao ámbito sempre aberto do Misterio. Empeza pola exposición directa e familiar do central na fe. Faino en dous capítulos: o primeiro, cunha linguaxe máis de anuncio que de fundamentación teolóxica; o segundo acode ao rexistro simbólico, buscando a forza suxestiva de catro metáforas luminosas. A parte segunda é xa de clara formulación teolóxica, con tres capítulos: o primeiro de fundamentación radical, apoiado na creación-por-amor; os outros dous explicitan dúas consecuencias de especial relevancia para unha comprensión consecuente da fe na cultura actual: o problema do mal e o da oración de petición. A última parte conclúe o camiño abordando cuestións de claro talante especulativo que, dende a soleira da filosofía, se achegan ás fronteiras do místico. Poden ser interesantes para o curioso lector ou a curiosa lectora, pero son perfectamente prescindibles para os que prefiran non se internar neses eidos.En coedición coa Fundación Isla Couto, Galaxia publica este ensaio no que o teólogo Andrés Torres Queiruga fai unha proposta positiva, coa tranquilidade de espírito e coa apertura que sempre caracterizou a súa obra, respecto da presenza da fe na nosa cultura.
EAN
9788498654431
Editorial
Ano de edición
2012
Páxinas
220
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
ENSAIO
Alto
210
Ancho
135
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres