Ana, soror ......
Yourcenar, Marguerite
Galego
Galego

Sinopse Ana, soror ......

A serie de Xerais Peto "As Literatas" ofrece unha nova entrega: Ana, soror... unha novela breve, traducida por María Xosé Queizán, na que a grande escritora francesa Marguerite Yourcenar aborda con inusual profunidade a cuestión do incesto. Ana, soror... é un fermoso e sensible relato que conta a historia de dous irmáns, Ana e Miguel, que perden a súa nai tras unha longa enfermidade e que quedan unidos para sempre por unha relación que levarán en secreto deica a morte. Para a traductora e prologuista do libro, María Xosé Queizán, é sorprendente a profundidade co que a Yourcenar aborda o tema do incesto, un tema que "é símbolo de todas as paixóns sexuais, tanto máis violentas canto máis reprimidas, máis castigas e máis ocultas". Na novela de Yourcenar non hai violencia, senón que reborda tenrura, sensualidade, amor. A sensualidade do texto non consegue ser superada polo ambiente relixioso. O marco da Contrarreforma no que se insire, o predominio relixioso, o ascetismo da vida familiar na gris fortaleza onde habitan, contrasta enormemente co esplendor da baía de Nápoles, a exuberancia dos corpos e das froitas, a calor incendiando os corpos, as galopadas de Miguel queren-do superar sobre o cabalo os arrebatos sexuais, a febre, o sangue, incluso o fedor ascenden-te da podremia da morte. A pesar do entorno virtuoso no que se educan Ana e Miguel, todo o ambiente que crea Marguerite Yourcenar conduce á turbación dos sentidos.Toda a obra transmite o ardor do desexo irrefreable da parella protagonista, esculcando o proceso de incubación do desexo ata o seu total cumprimento, cómo se lles vai desvelando aos protagonistas, cómo medra nos seus corpos. Para María Xosé Quiezán, paralelamente a temperanza da súa nai Valentina, a autora mostra o arrebatado amor dos seus fillos, ás obsesións de Miguel e ás angustias de Ana, un armazón de amor e morte de forte sensualidade, exposto coa elegancia e a perfección habituais nas obras de Marguerite Yourcenar."
EAN
9788483028889
Editorial
Ano de edición
2002
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
PETO
Alto
300
Ancho
200
Opinións doutros lectores
Escribe a túa opinión
0 Opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres