https://www.imosver.com/gl/libros/antoloxia-do-doce-estilo-novo-07705300060770530006Antoloxía do Doce Estilo Novo22.14En colaboración coa Fundación Caixa Galicia, Galaxia publica na colección Clásicos Universais a Antoloxía do Doce Estilo Novo, en edición e tradución do poeta e escritor Darío Xohán Cabana. Setecentoshttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788484/978848427360.jpgLibrosLibros/POESIAEn stockGALAXIA000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788484/978848427360.jpg001076888900107688900010767300001076730123.351.162005/01/219788484273608Varios autoresLibrosaño_2005idioma_GalegoGformato_Tapa duraautor_Varios autoressaga_CLASICOS UNIVERSAIS
Este tipo de cookies permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nelas existan.
imosverlaravel_session
Descrición
Esta cookie é necesaria para que o sitio web funcione e non se pode desactivar nos nosos sistemas.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
imosver.com
OCT8NE
Descrición
Esta cookie utilízase para o correcto funcionamento do Chat de Oct8ne para prestar o servizo de atención ao cliente ao usuario.
Son aquelas que posibilitan o seguimento e análise do comportamento dos usuarios na nosa páxina. A información recollida utilízase para a medida da actividade dos usuarios na web e a elaboración de perfís de navegación dos usuarios.
_clsk
Descrición
Rexistra datos estatísticos do comportamento do visitante na web. Isto utilízase para análises internas por parte do operador da web.
Duración
1 ano
Dependencias
_clsk,MUID,_clck
Dominio
logglytrackingsession
Descrición
Identifica e rexistra a sesión do usuario con fins analíticos.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descrición
Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos sobre como utiliza o visitante o sitio web.
Duración
1 ano
Dependencias
Dominio
.imosver.com
Son aquelas que nos permiten adaptar a navegación na nosa páxina web ás súas preferencias (por exemplo, idioma, navegador utilizado, etc.).
_fbp
Descrición
Utilizado por Facebook para ofrecer unha serie de produtos publicitarios, como ofertas en tempo real de terceiros anunciantes.
En colaboración coa Fundación Caixa Galicia, Galaxia publica na colección Clásicos Universais a Antoloxía do Doce Estilo Novo, en edición e tradución do poeta e escritor Darío Xohán Cabana. Setecentos anos despois, aquela poesía que revolucionou o gusto literario de toda unha época conserva a súa viveza e segue a revelar un labor literario obsesionado coa exactitude expresiva e que mostra a sensibilidade duns poetas que eran conscientes de estar construíndo un pensamento poético novo. Dante Alighieri foi quen bautizou e caracterizou por primeira vez esta escola poética, da cal é considerado o principal expoñente. Agora, os lectores e lectoras poden apreciar a mestría do poetizar dunha escola que había deixar fonda pegada na evolución da linguaxe poética. A coidada tradución de Darío Xohán Cabana publícase, en edición bilingüe, acompañada do texto orixinal italiano. Esta nova concepción poética, que xurdiu nas cidades italianas de Florencia e Boloña no derradeiro terzo do século XIII, é unha maneira diferente de entender a vida sentimental, unha sensibilidade nova expresada a través da poesía. O iniciador desta nova maneira de poetizar sería Guido Guinizelli, e logo viría o grande Cavalcanti. Ao carón e á sombra destas senlleiras figuras, a antoloxía inclúe, entre outros poetas, a Lapo Gianni, a Gianni Alani e a Dino Frescobaldi. Todos eles desenvolveron a súa obra cunha abraiante afinidade e uns logros que han sorprender ao lector ou lectora de hoxe.