ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
Redondo Abal, Francisco Xavier

Sinopse ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA

Nese longo período ditatorial (1936-1976, corenta anos) o franquismo
variou as formas de exercer o control xurídico-penal sobre a poboación
e na represión do antifranquismo activo. Entre outros cambios
de aparencia era imprescindible modificar/adaptar o aparato lexislativo,
nomeadamente o aplicado por tribunais militares con leis militares
a persoas civís, xulgadas por actividades que nos países democráticos
eran a base do exercicio dos dereitos cívicos: liberdades de reunión,
asociación, expresión, de loita contra a opresión.
Neste ensaio, despois dunhas moi apreciables reflexións historiográfi-
cas e dunha obxectiva análise das forzas antifranquistas actuantes
en Galiza, o autor, nunha intelixente secuencia, vai dando conta da xénese,
evolución, os porqué e quen foron xulgadas/os, polo TOP. Con
técnicas cuantitativas relaciona e compara lugares, xénero, profesións,
idades, afiliación, sentenzas, penas, absolucións..., extraendo minuciosamente
dados de 484 procedementos xudiciais, dos que no capitulo
4º analiza sete casos representativos. O seu coñecemento dos sistemas
arquivísticos permítelle presentar e esmigallar con pericia na base de
dados TOPDAT a nómina de galeg@s que ese tribunal xulgou, completando
o estudo cos nomes e posteriores cargos públicos nos máis
altos niveis xudiciais ?democráticos? dos maxistrados que exerceran
con total aplicación no terrible TOP franquista, rematando cunha moi
coidada (e verdadeiramente consultada) relación bibliográfica, hemerográfi
ca e doutras fontes.
Bernardo Máiz Vázquez
EAN
9788484873686
Ano de edición
2017
Páxinas
236
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Castelán
nº colección
348
Colección
ENSAIO
Alto
210
Ancho
140
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres