As cidades mergulladas
Miranda, Xosé
Galego
Galego

Sinopse As cidades mergulladas

Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado por Darío Xohán Cabana, reune os nove libros de poemas escritos polo autor dende 1973 ata a actualidade: «Lenta luz dos lousados» (1973-1982); «Amantes e viaxeiros» (1984), premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; «Carozo azul» (1985), accésit do premio González Garcés 1996; «Vésperas de min mesmo» (1986); «Sonetosfera» (1993), accésit do premio Esquío 1995; «Se parte a miña alma» (1994); «Permiso para o corso» (1995), premio Esquío 1996; «Escondida senda» (1997); «Inverno e outras ausencias» (1998-2002). Para Darío Xohán Cabana «o presente é un libro necesario, un libro composto de libros, ou por mellor dicir, dos capítulos que foi escribindo despaciosamente un poeta case clandestino, un poeta certamente estraño -por ser estraño, ata non é profesor de Literatura, senón de Bioloxía, cousa que ben se nota en moitos dos seus versos-. Un poeta que de repente emerxe á consideración xeral cunha obra non só estensa, senón especialmente intensa, cunha sensibilidade dolorosa e pouco amable. Un poeta co que loitamos a brazo partido, e que pode mancarnos, que o máis probable é que nos manque.» Un volume esencial que recolle aos dous Mirandas poéticos. Aquel primeiro, que iría desde 1973 a 1986, de «Lenta luz nos lousados» a «Vésperas de min mesmo», o Miranda que ama especialmente o verso libre, "música composta sobre os pés esenciais dos máis antigos ritmos", cuxa forma máis simple e consagrada é o alexandrino branco. O outro Miranda sería o que vai de «Sonetosfera», escrito en 1993, despois de varios anos de abstinencia do verso, ata os poemas últimos de «Inverno e outras ausencias». Aquí o poeta abrázase ao soneto, pezas de tensión formal rabiosa, de escollida e asumida dificultade, construídas de acordo cos máis estritos esquemas clásicos e modernos e con rimas francamente difíciles. Toda a obra, pois, un dos nosos grandes poetas.
EAN
9788497820646
Editorial
Ano de edición
2003
Páxinas
392
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
CRONICA
Alto
300
Ancho
200
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres