Sinopse As esquinas
«As esquinas» é unha novela poliédrica onde se manifestan os efectos da violencia de xénero a través dunha exploración profunda dos traumas familiares e da loita pola identidade. As múltiples voces narrativas, que ademais de persoas inclúen animais ou mesmo obxectos inanimados, configuran un universo cru e poético onde o sufrimento e a resiliencia conviven en cada espazo e en cada lembranza.