As Jermaine
Alonso Seisdedos, María
Galego

Sinopse As Jermaine

O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, talvez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario. Nesta historia, inverosímil e real a partes desiguais, revélasenos, como a imaxe que se forma aos poucos na cuberta dunha cámara escura alumada por unha tenue lámpada da cor do sangue, que somos efémeros actores do presente e peóns do pasado, movidos polos fíos que manexa quen sabe se o demo ou a xenética, e abocados a precipitarse no nada que é o futuro. A illa de Aruba, Rotterdam e Galicia son os escenarios sobre os que van pairando toeiros de misterios en que se contén o verde dun mar avolto herdado e que cando rebentan só dispersan tebras e máis tebras.
EAN
9788411761987
Editorial
Ano de edición
2024
Páxinas
164
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Nº colección
500
Colección
Literaria
Alto
231
Ancho
149
Opinións doutros lectores
Escribe a túa opinión
0 Opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres