Barthes filósofo
García Soto, Luís
Galego

Sinopse Barthes filósofo

Dentro da complexidade da súa obra, o propio Roland Barthes discerniu catro "fases": mitoloxía social, semioloxía, textualidade e moralidade.
Neste libro, Luís G. Soto estuda ese mesmo percorrido seguindo, en orde cronolóxica, todos os seus títulos, cuxos contidos son expostos, analizados e interpretados. Cunha achega inicial á vida do autor e ao contexto da súa obra, no ensaio saliéntase que neses catro dominios (a crítica, a ciencia, a estética, a ética) Barhes non está instalado na verdade, senón que a busca: ao modo dos filósofos clásicos, non a posúe, senón que a quere. Como aqueles, máis que ser sabio (ter o saber), é amante da sabedoría (perséguea, preténdea): filosofa, é filósofo. O obxectivo de Barthes filósofo é recoller esa variedade, dar razón dela sen a sacrificar, colocándoa baixo o prisma da filosofía. E a mesma obra de Roland Barthes a que dá para proceder así.
EAN
9788498656084
Editorial
Ano de edición
2015
Páxinas
144
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Nº colección
78
Colección
ENSAIO
Alto
210
Ancho
135
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres