Bo día, tristeza
Sagan, Françoise
Galego

Sinopse Bo día, tristeza

Bo día, tristeza é a novela coa que Françoise Sagan debutou na narrativa en 1954, cando a autora tiña só dezaoito anos. O seu éxito fulgurante, e tamén o escándalo que acompañou a publicación, contribuíron a convertela nunha novela de culto, traducida a ducias de linguas e levada ao cine por Otto Preminger. A adolescente Cécile e o seu pai Raymond -un viúvo de corenta anos alegre e vividor- pasan xuntos as vacacións de verán nunha fermosa casa da Costa Azul francesa. Cécile entrégase por completo á vida ociosa e despreocupada do pai, chea de praceres, compañías frívolas e diversións que parecen non ter fin ata a chegada da xuizosa e intelixente Anne -vella amiga da familia- coa que Raymond se compromete en matrimonio inesperadamentte. Pero Cécile non está disposta a que a presenza de Anne cuestione a súa forma de vida e traza un plan de tráxicas consecuencias.
EAN
9788412456295
Ano de edición
2023
Páxinas
120
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
SIN COLECCION
Alto
200
Ancho
135
Opinións doutros lectores
Escribe a túa opinión
0 Opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres