Primeras páginas
Sinopse Cando os lobos escoitaban a radio
Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe abraiaba, un territorio que ocupaba boa parte da comarca do Bierzo, das montañas de Lugo e Ourense e, particularmente, a comarca de La Cabrera, un grupo de homes e unha muller, cualificados como bandoleiros, tiñan posto prezo ás súas cabezas, vivos ou mortos, con recompensas que poderían arranxar as vidas de delatores ou traidores.
En «Cando os lobos escoitaban a radio» Pemón Bouzas desprega a súa mellor escrita para mergullarnos nunha historia absolutamente conmovedora.