Cantigas de alén
Valen, José Ángel
Galego

Sinopse Cantigas de alén

José Ángel Valente publicou o seu primeiro poemario en galego no ano 1981 baixo o título de Sete cántigas de alén (Ediciós do Castro). Tras estes versos, naceron outras composicións en galego escritas durante os anos oitenta e noventa, que foron reunidas en edicións progresivamente ampliadas co título de Cántigas de alén en 1987, 1989 e 1996.

A obra que agora publica Ouvirmos contén o ciclo completo de Cántigas de alén, incluíndo por primeira vez o poema "Na mar de Vigo" e a dedicatoria aos emigrantes de A Nosa Galiza de Xenebra no poema "Sub nocte". Unha recompilación, con edición a cargo de Claudio Rodríguez Fer, que por primeira vez reúne toda a obra poética en galego de José Ángel Valente.
EAN
9788494400889
Ano de edición
2017
Páxinas
74
Encadernación
Libro noutro formato
Idioma
Galego
Colección
SIN COLECCION
Alto
130
Ancho
200
18,00 €
-5%
17,10 €
Opinións doutros lectores
Escribe a túa opinión
0 Opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres