Canto máis negra é a amora?
Thurman, Wallace
Galego

Sinopse Canto máis negra é a amora?

A pel de Emma Lou Morgan é negra, tanto que lle provoca tristeza e humillación non só na comunidade maioritariamente branca da súa cidade natal de Boise (Idaho), senón tamén entre a súa familia e amizades, de pel máis clara. Na procura dun círculo onde a acepten, aos dezaoito anos deixa o fogar familiar e viaxa primeiro a Los Angeles e despois a Nova York, onde nun Harlem en plena efervescencia atopa unha vibrante escena de clubs, salóns de baile, festas, amoríos e, aínda así, o rexeitamento tamén da súa propia raza. Wallace Thurman recrea maxistralmente unha época e un lugar lendarios con gran riqueza de detalle, describindo a vida social e sentimental de Emma Lou, así como os seus soños e as súas desilusións, e a transcendental decisión que toma para sobrevivir.
EAN
9788412904284
Editorial
Ano de edición
2025
Páxinas
232
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
SIN COLECCION
Alto
200
Ancho
200
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres