Chímpate, Pepa! ("15 Aniversario")
Carballeira, Paula
Galego

Sinopse Chímpate, Pepa! ("15 Aniversario")

Para celebrar os 15 anos de traxectoria no mundo editorial, en Triqueta editora recuperamos algúns dos nosos títulos máis emblemáticos. Iniciamos esta colección con Chímpate, Pepa!, de Paula Carballeira, un clásico que publicamos por primeira vez no ano 2014 e que regresa agora con novo deseño e ilustracións renovadas, pero tamén coa forza intacta do seu texto orixinal. Unha homenaxe á curiosidade, á valentía e á identidade, protagonizada pola corvo mariño máis decidida das illas Cíes.Nas illas Cíes vive Pepa, a máis nova dunha familia de corvos mariños cristados. Un día, Pepa botouse a voar cara a arriba e non cara ao océano Atlántico, e todos os seus irmáns, todas as gaivotas choronas, as gaivotas patiamarelas, as píllaras papudas e o resto de animais berraban: Chímpate, Pepa!
EAN
9791387501358
Ano de edición
2025
Páxinas
36
Idioma
Galego
Colección
15 ANIVERSARIO
Alto
250
Ancho
250
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres