Conversas con Celso Emilio Ferreiro
Nicolás Rodríguez, Ramón
Galego
Galego

Sinopse Conversas con Celso Emilio Ferreiro

A través de Conversas con Celso Emilio Ferreiro mergullámonos na significativa personalidade dun dos grandes escritores da literatura galega. Da man de Ramón Nicolás, biógrafo e editor da súa obra literaria, rescátase a voz e a palabra do autor celanovés, cando se cumpren trinta anos do seu pasamento, para dar conta da súa opinión política e literaria e para introducirnos no "universo Celso Emilio", que en boa medida goza de plena actualidade e validez. Ramón Nicolás compilou e ordenou, temática e fragmentariamente, as máis das entrevistas que se lle realizaron a Celso Emilio en medios escritos durante a súa vida e, como nun xogo de espellos, recupera o seu criterio e a súa presenza. A súa propia obra literaria, a política, a militancia, as polémicas que protagonizou, a súa perspectiva sobre o ámbito da cultura, a súa opinión sobre cuestións como a lingua galega ou a nación latexan ao longo destas páxinas apaixonantes.
EAN
9788497829755
Editorial
Ano de edición
2009
Páxinas
192
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
CRONICA
Alto
145
Ancho
220
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres