Cornucopia (Premio Torrente Ballester 2021)
Santos, Raúl M.
Galego

Sinopse Cornucopia (Premio Torrente Ballester 2021)

Premio Torrente Ballester 2021 Atende aquí. De momento vas ben, pero atende. Polo motivo que fose colliches este libro e décheslle a volta para ver que pon na parte de atrás. Iso é o que se fai. Agora a min tócame contar un pouco de que vai e intentar convencerte para que o collas e o leas. Para ti ten que ser fácil, pero para min non o é. O problema vén ser que esta é a mellor novela xamais escrita en ningún idioma. Xoo! Dirás ti. Quítalle hachas aí, ho! E tes razón. Estas cousas, aínda que se pensen, non se din. Pero é que esta é a mellor novela xamais escrita en ningún idioma, e, como todas estas, o problema é que non se pode dicir de que vai, pois todas as mellores novelas xamais escritas en ningún idioma van de nada e mais van de todo, como esta. Entendes o que digo Eu tampouco. Creo que o mellor vai ser que esquezas este texto e leas o libro directamente. Si. Imaxina que o colliches, que lle deches a volta e que aquí non había nada. Un espazo en branco. Este texto que acabas de ler non existe. Abre o libro pola primeira páxina, ou pola que queiras, e le. Nada máis.
EAN
9788491518976
Editorial
Ano de edición
2022
Páxinas
188
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
nº colección
454
Colección
Literaria
Alto
210
Ancho
135
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres