CORTE E CONFECCIÓN
Diaz Nuñez, Celia
Galego

Sinopse CORTE E CONFECCIÓN

Escribir unha historia é coma facer un traxe pensou mentres a máquina de coser debuxaba un carreiro de puntadas miúdas sobre a tea.

Aínda que non o pareza, o xastre e a escritora contan con moi similares ingredientes e da súa habelencia en empregalos dependerá o resultado final da súa obra.

O primeiro que se precisa para confeccionar un traxe é unha tea de calidade. Á hora de escollela hai que ter en conta a súa composición: de tergal, de flanela, de cheviot, de pana, de maó, de liño, que iso vai no estilo, nas modas ou nas estacións, claro; pero tamén que sexa vistosa e elegante, con boa caída, e cun deseño que se adapte ao gusto do cliente: de pata de galo,

de príncipe de Gales, de ollo de perdiz, de raia diplomática, de mil raias

Así comeza este novo libro de Celia Díaz Núñez, un texto que nos di que, ás veces, contar unha boa historia é igual que coser. O xastre usa tesoiras grandes para cortar os panos, cinta métrica, xiz e a escritora, a palabra para tecer historias coa linguaxe dos soños
EAN
9788491514138
Editorial
Ano de edición
2019
Páxinas
112
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
nº colección
402
Colección
Literaria
Alto
210
Ancho
135
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres