Crise global e crise da política
Pérez Touriño, Emilio
Galego

Sinopse Crise global e crise da política

Efectivamente, tal como o describe no limiar o xornalista Fernando Salgado: "Emilio Pérez Touriño proponnos neste ensaio múltiple, composto por artigos publicados na prensa e textos ata agora inéditos, unha lúcida reflexión sobre o [...] dramático día despois. [...] Un cambio de época que anuncia un novo paradigma socioeconómico, probablemente con novos actores e distintas políticas, malia a teima das forzas hexemónicas en restaurar o vello modelo neoliberal que foi precisamente o que rebentou, con estrépito, a partir do afundimento de Lehman Brothers".
A reflexión de Pérez Touriño realízase dende unha perspectiva galega e co propósito de promover o debate que precede á acción transformadora. Trátase, por unha banda, da visión analítica dun economista perspicaz que repensa en clave inconfundiblemente galega a xénese, desenvolvemento e impacto da crise económica. Pola outra, pon encol da mesa a proposta dun político experimentado que demostra que é posible devolverlle a ilusión a Galicia. Como apunta Salgado no prólogo, "Velaí a orixinalidade, e confiemos en que a eficacia, desta obra".
EAN
9788498655506
Editorial
Ano de edición
2014
Páxinas
200
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Nº colección
77
Colección
ENSAIO
Alto
210
Ancho
135
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres