CULTURA E POLITICA NA GALICIA DO SECULO XX

CULTURA E POLITICA NA GALICIA DO SECULO XX

Villares, Ramón
Galego

Sinopse CULTURA E POLITICA NA GALICIA DO SECULO XX

Este libro analiza as relacións entre cultura e política na construción de Galicia como nación cultural no século XX. A idea central é explicar a forte hexemonía da cultura e a súa acción política nos momentos máis decisivos da historia contemporánea galega, desde a aparición da xeración Nós ata a transición democrática e o nacente réxime autonómico. A partir de fontes ata agora pouco empregadas, nomeadamente epistolares, reconstrúense algunhas biografías intelectuais e analízase a fundación de grupos e institucións culturais, prestando especial atención ás relacións entre os núcleos de oposición no interior peninsular e co exilio americano. Dúas figuras, Luís Seoane e Ramón Piñeiro, encarnan os dous polos desas relacións, con disensos que non foron rupturas, entre os "heroes calados" do interior e os "emigrantes dun país soñado", desde o exilio. Alén de ofrecer algunhas análises sobre a xestión da cultura, este libro axuda a entender a Galicia actual, en perspectiva comparada e nun contexto europeo e americano.
EAN
9788491516132
Editorial
Ano de edición
2021
Páxinas
420
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
nº colección
109
Colección
ENSAIO
Alto
210
Ancho
135
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres