Sinopse De Benposta a Lamaboa
Paco Castro ofrécenos unha recreación que, ademais de constituír un particular "Poema Pedagóxico" da experiencia benposteña, a partir dela extrae as ideas e as referencias necesarias para construír o novo proxecto de Lamaboa.
A dobre viaxe que Manuel fai contándolle a Luana e a súa filla: a lembranza do pasado e a esperanza do futuro. Unha lembranza pausada daquela viaxe que os límites da vida e o amor impulsaron. A grave enfermidade de Flora, En vez de fundilos na derrota impúlsaos a facer unha reflexión crítica e construír unha proposta educativa global.
Unha novela, recreación, ensaio. Experimento que ven ser historia de transmisións, porque a vida é unha sucesión de veces. Manuel chega e recibe a súa homenaxe, mais Lamaboa non é un lugar de destino senón un camiño, daquela pon no horizonte chegar á orixe do rio Mao, ofrecéndonos con iso outra metáfora da vida. Pois é posible que a vida non sexa máis ca iso, unha viaxe ás orixes.