Dez coelliños
Sendak, Maurice
Galego

Sinopse Dez coelliños

Un álbum inédito no noso país para aprender a contar coa maxia e co humor do extraordinario Maurice Sendak. Mino, o mago, axita a variña e zas!, saca un coello da chistera. Logo dous, tres, catro..., así ata dez. Que difícil controlar tantos orelludos que choutan e se agochan por calquera lugar! Ata que Mino axita de novo a súa variña e... alehop!, un a un, os coellos van desaparecendo por arte de encantamento. Continúa o legado de Maurice Sendak con este divertido e disparatado álbum que se publica 12 anos despois do seu falecemento. O seu protagonista é outro neno álter ego de Sendak, como Max (Onde viven os monstros), Miguel (Na cociña de noite, Miguel. Conto exemplar) ou Xoán (O un era Xoán), que nos ensina a contar cara adiante e cara atrás con humor e orixinalidade a través de dez coellos rebeldes que aparecen e desaparecen por arte de maxia. As múltiples expresións de Mino e a habilidade de Sendak para capturar todo tipo de emocións engaiolan os lectores e as lectoras, atraídos non só pola crecente marea de coelliños peludos, senón pola satisfacción do protagonista ao velos aparecer e desaparecer enfrontando non poucos obstáculos e frustracións. Un tesouro recentemente descuberto dun querido mago dos libros infantís.
EAN
9788413433622
Editorial
Ano de edición
2025
Páxinas
32
Encadernación
Tapa dura
Idioma
Galego
Colección
Tras os montes
Alto
225
Ancho
170
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres