Diario de comidas
Rodríguez Baixeras, Xavier
Galego

Sinopse Diario de comidas

Ao longo do recorrer de todo un ano, o autor centra as súas vivencias nos momentos pasados arredor da mesa. Un libro para gozar das comidas e para as gorentar, tamén como materia literaria. A historia dos alimentos, os seus sabores e as súas texturas, as casas de comidas, a lembranza de lecturas e receitas, configuran un libro no que os pracer es e os días se vencellan ao cotián acto da alimentación.
Xavier Rodríguez Baixeras arrinca este diario en Estambul para o rematar nunha viaxe de Nadal a Florencia, o tempo que queda entre estas dúas datas configura un percorrido dun ano polas súas experiencias como amador da comida, nun relato no que a literatura e a cociña van da man, inseparablemente unidas. Moreas de curiosidades arredor da arte culinaria, da súa histoira, dos restaurantes e casas de comidas que visita o escritor, das lembranzas que lle suxire este ou aqueloutro manxar fan do 'Diario de comidas' un libro cunha grande variedade de temas tratados con narturalidade, sabedoría e unha grande capacidade para contaxiar o entusiasmo pola cociña. Baixeras escribe para volver gozar das comidas e, ao falar delas, estende ese pracer ao mundo da literatura, contáxiallo aos lectores e lectoras a través dun relato cheo de interese que é moito máis que un diario gastronómico. Un libro que une inextricablemente a arte culinaria coa arte de contar.
EAN
9788482887685
Editorial
Ano de edición
2004
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
LITERARIA
Alto
210
Ancho
140
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres