https://www.imosver.com/gl/libros/eduardo-jorge-bosco-31099802083109980208Eduardo Jorge Bosco17.1Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. Suicidouse, nas augas do Río da Plata, o 30 de decembro de 1943. De 1939 a 1942 vive unhahttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788497/978849782668.jpgLibrosLibros/POESIASin stock temporalmenteXERAIS000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788497/978849782668.jpg0010736597CIM00603560010531833NOB02006441850.92007/11/079788497826686Alonso Montero, XesúsLibrosaño_2007idioma_GalegoGautor_Alonso Montero, Xesússaga_SIN COLECCION
Este tipo de cookies permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nelas existan.
imosverlaravel_session
Descrición
Esta cookie é necesaria para que o sitio web funcione e non se pode desactivar nos nosos sistemas.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
imosver.com
OCT8NE
Descrición
Esta cookie utilízase para o correcto funcionamento do Chat de Oct8ne para prestar o servizo de atención ao cliente ao usuario.
Son aquelas que posibilitan o seguimento e análise do comportamento dos usuarios na nosa páxina. A información recollida utilízase para a medida da actividade dos usuarios na web e a elaboración de perfís de navegación dos usuarios.
_clsk
Descrición
Rexistra datos estatísticos do comportamento do visitante na web. Isto utilízase para análises internas por parte do operador da web.
Duración
1 ano
Dependencias
_clsk,MUID,_clck
Dominio
logglytrackingsession
Descrición
Identifica e rexistra a sesión do usuario con fins analíticos.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descrición
Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos sobre como utiliza o visitante o sitio web.
Duración
1 ano
Dependencias
Dominio
.imosver.com
Son aquelas que nos permiten adaptar a navegación na nosa páxina web ás súas preferencias (por exemplo, idioma, navegador utilizado, etc.).
_fbp
Descrición
Utilizado por Facebook para ofrecer unha serie de produtos publicitarios, como ofertas en tempo real de terceiros anunciantes.
Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. Suicidouse, nas augas do Río da Plata, o 30 de decembro de 1943. De 1939 a 1942 vive unha fonda paixón amorosa con Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), hoxe unha autoridade no seu país en Bibliografía e disciplinas afíns. Pepita Sabor e Bosco coñecéronse e tratáronse na Facultade de Letras de Buenos Aires, onde se namoraron. Pepita, filla de pai galego nado en Vilanova de Arousa, chegara á Arxentina con menos de dous anos. Xa namoradas, Bosco, poeta case secreto, escribe, en idioma galego, Sete cancións entre o 7 e o 9 de agosto de 1939. A lingua galega aprendeuna nos libros: nos de Rosalía de Castro, a quen admiraba; en dúas importantes antoloxías, e nos poemas galegos de García Lorca, escritor do que era devoto. Non foi un exercicio literario máis ou menos retórico nun poeta tan responsable. Sen ser galego o seu idioma, as Sete cancións son un acto de entrega á paixón inspirada por Pepita Sabor. Nesa lingua, a namorada balbucira, na Ría de Arousa, as súas primeiras palabras. Ademais das Sete cancións, Bosco escribiu algúns outros versos dos que cómpre salientar un poemiña que lembra a un extraordinario poeta medieval noso, Pero Meogo. Con este poemario, Eduardo Jorge Bosco sitúase entre os mellores poetas alófonos de lingua galega, ese entrañable capítulo onde cantan fermosamente, entre outros, un catalán (Carles Riba), un andaluz (Federico García Lorca) e unha estadounidense (Annie Marie Morris). A presente edición reproduce en edición facsimilar os poemas galegos de Bosco, tanto nos seus orixinais manuscritos como mecanoscritos, ademais dun extenso estudo do profesor Xesús Alonso Montero, sobre a figura do poéta alófono arxentino e da fortuna dos seus poemas galegos, e da reprodución de diversas fotografías «ad hoc» e cartas da musa deste fermoso poemario. O volume foi subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.