Eladio Rodríguez. Vida e obra
Valcárcel López, Marcos
Galego

Sinopse Eladio Rodríguez. Vida e obra

Na celebración do Día das Letras Galegas do primeiro ano do novo milenio, a Real Academia Galega honra a personalidade de don Eladio Rodríguez González, un galego do Ribeiro ourensán, poeta comprometido coa enxebreza da terra e autor dos poemarios Folerpas (1894), Raza e Terra (1922) e Oraciós campesiñas (1927), lírica que ensaia un novo xeito de comunión mística coa paisaxe da aldea.Neste volume, preparado polo profesor Marcos Valcárcel, analízase a súa obra literaria no contexto do seu tempo histórico e as súas aportacións dende o xornalismo galego, especialmente en El Noroeste da Coruña, e desde a presidencia da Real Academia Galega, onde fixo un labor regaleguizador moi relevante. Ademais estúdiase a súa obra como lexicógrafo, "apañando" de vagar novas palabras e ditos populares ata dar cabo ó seu Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano, obra póstuma en tres tomos (1958-1962), auténtico tesouro sobre a nosa fala popular que foi tamén fonte fundamental de enriquecimento lingüístico para todos os nosos escritores desde a súa publicación e que, de seu, xustifica o mías que merecido recoñecemento que Galicia lle dedica.
EAN
9788483026205
Editorial
Idioma
Galego
Colección
LETRAS GALEGAS
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres