Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus
Rodríguez Mate, Isabel
Galego

Sinopse Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus

Neste ensaio analízase a repercusión da perpetuación dos valores morais da Igrexa católica na discriminación das mulleres durante o proceso de construción do sistema liberal no Estado español e en Galiza (1812-1936), así como na reducida dimensión das protestas promovidas polo descontento fronte a estes agravios. Deste xeito, se ben xa na Constitución de 1812 enunciábanse como principios esenciais do dereito a liberdade e a igualdade dos individuos (e son estes o principal leitmotiv da conflitividade social de carácter reivindicativo durante o século XIX), as mulleres ficarían excluídas destas premisas até 1931. Nesta discriminación xogarían un papel esencial tanto a reprodución da conversión dos pecados en leis a través do Estado liberal confesional como o monopolio da Igrexa católica na fixación das directrices morais que debían de imperar nas institucións educativas e nos espazos de socialización e ocio, ocupando un lugar principal a protección dos valores tradicionais ligados á familia e á sexualidade. Os principios vinculados á moralidade nestes dous últimos ámbitos serían un puntal clave no contrapeso aos primeiros ecos feministas da Idade Contemporánea en Galiza. Uns ecos que se fixeron ouvir a contracorrente e que son pezas fundamentais no camiño cara a erradicación da discriminación de xénero.
EAN
9788484876335
Ano de edición
2023
Páxinas
226
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
nº colección
432
Colección
Ensaio - Pequisa
Alto
210
Ancho
140
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres