Ensaios a proba do tempo
Fernández de la Vega, Celestino
Galego

Sinopse Ensaios a proba do tempo

Neste libro reúnese un mangado de ensaios publicados en libros, revistas e prensa. Recompílanse por primeira vez e edítanse ordenados cronoloxicamente pola data de publicación. Tamén se respecta o idioma no que foron dados a coñecer, quer galego quer castelán, en función do momento no que foron escritos e do medio de comunicación ao que ían destinados. O autor, en carta de 1974, propuxo a idea e o título: "Reproduzo os ensaios tal como foron publicados, é dicir, someténdoos á proba do tempo". A obra ensaística do autor de O segredo do humor e introdutor de Heidegger en Galicia non era abondo coñecida por estar publicada de xeito disperso. Por primeira vez reúnense nun libro ensaios e artigos que, co paso do tempo, adquiren aínda meirande relevancia e multiplican os seus significados.
EAN
9788498651881
Editorial
Ano de edición
2009
Páxinas
232
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
ENSAIO
Alto
210
Ancho
135
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres