Españois todos
De Toro, Suso
Galego
Galego

Sinopse Españois todos

Neste libro o escritor Suso de Toro, recente Premio Nacional de Narrativa 2003 por Trece badaladas, pon as cartas sobre a mesa para reflexionar sobre temas políticos e sociais da maior actualidade. E faino desde un punto de vista persoal e como un acto cívico, con argumentacións cargadas de enerxía para volver a defender a democracia contra os que a queren desfacer desde dentro. Este libro propón unha idea de nación de cidadáns e de España totalmente distinta á dominante, construída sobre o nacionalismo "castellanista" que chegou a nós directamente dende o franquismo. Unha España europea posible, e necesaria, na que convivan cidadáns e nacións. O autor parte da convicción de que Galicia (e Cataluña e Euscadi) precisa constituírse plenamente en nación que conta con poder político para saír do atraso e solucionar os seus problemas profundos. Estes textos son parte dun combate cívico a prol da permanente utopía democrática, impregnada de memoria republicana e federalista, que permita construír un novo espazo político de convivencia.
EAN
9788497820899
Editorial
Ano de edición
2004
Páxinas
160
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Colección
CRONICA
Alto
220
Ancho
147
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres