Estúrdiga materia
González Tosar, Luís
Galego

Sinopse Estúrdiga materia

Un novo poemario de Luís González Tosar, con limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín e ilustracións de Manuel Quintana Martelo. [...] escribo a eito, en remuíño, sobre Luís González Tosar, que é un poeta que traspasa, con esta súa Estúrdiga materia, a plenitude e a madurez. Fágoo desde o punto de vista daquel que o viu nacer como escritor, que o viu medrar e se converter no home grande que é. Isto quere decer que, mais ca nunca na miña vida, estou a producir un texto discursivo no que experimento o certo da velleza. De por parte, escríboo na Underwood que mercara meu pai en 1919 e na que el lle facía as crónicas de Vilanova dos Infantes á Zarpa de Blanco Torres e don Basilio. E todo canxa ben porque o Tempo nos leva coma o río de Díaz Castro, todo en lapas... Diciamos plenitude, sabedoría, cume: este libro de Luís González Tosar arrastra por popa toda a literatura galega e parte da feita noutras linguas que o autor frecuenta. Nesta tradición e diálogo de culturas Estúrdiga materia é unha lección maxistral que ha perdurar alén da nosa morte. Do limiar de Estúrdiga materia, Xosé Luís Méndez Ferrín
EAN
9788498651034
Editorial
Ano de edición
2012
Páxinas
120
Encadernación
Tapa dura
Idioma
Galego
Colección
SIN COLECCION
Alto
240
Ancho
170
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres