Finis terrae (2ª edición revisada e aumentada)
Rodríguez, Marcos
Galego

Sinopse Finis terrae (2ª edición revisada e aumentada)

Esta obra é unha viaxe fotográfica á finis terrae galega, dous mil anos despois da chegada dos romanos e cen de que Ruth Matilda Anderson tirase as impresionantes imaxes da comarca. È un libro homenaxe aos seus habitantes, xente loitadora e traballadora parte da cal se foi marchando no primeiro cuarto deste século, homes e mulleres que, grazas á sensibilidade de Marcos Rodrí guez, seguen presentes a través do espazo físico no que viviron e viven, nos lugares, na paisaxe, nos traballos, costumes e tradicións desta parte noroccidental de Galicia. As fotografías, de contido etnográfico e social, onde predominan o retrato e a reportaxe, abarcan o período comprendido desde o ano 2000 ata a actualidade. Con texto de presentación a cargo da escritora de Bergantiños Rosalía Fernández Rial, contén imaxes dos concellos que conforman a Costa da Morte, comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira, Xallas, Fisterra e outras novas da provincia de Lugo, entre as que se encontran numero sos retratos das xentes, dos seus traballos, as súas mans desgastadas polos anos e o traballo, os oficios, as celebracións tradicionais e relixiosas, rituais, o lume, a terra, o mar...
EAN
9788409782994
Editorial
Ano de edición
2025
Páxinas
240
Idioma
Galego
nº colección
5
Colección
IMAXES DUN PAIS
Alto
190
Ancho
245
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres