Galaicofobia
Peres Vigo, Alexandre
Galego

Sinopse Galaicofobia

Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias contra Galicia, a súa lingua e a súa cultura. Nesta viaxe no tempo descubrimos non só a orixe e evolución da galaicofobia, senón tamén unha serie de tópicos antigalegos, crueis e ridiculizadores, nacidos na Meseta castelá. Esta é, en definitiva, unha obra clara e sintética que dá resposta á eterna pregunta que boa parte da sociedade galega leva facéndose moito tempo: por que nos tratan así
EAN
9788411761383
Editorial
Ano de edición
2024
Páxinas
190
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Nº colección
126
Colección
Ensaio
Alto
231
Ancho
149
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres