Sinopse Golfaróns de sangue
Fariña Jamardo adopta, nesta novela, unha estratexia complexa, anovadora. O discurso diexético artéllase sobre parámetros temporais dispares, e nárrase dende dúas perspectivas básicas. O autor consegue controlar a situación do axente, en doce escenas independentes, representadas cunha perspectiva externa, transmitida con formas verbais da terceira persoa do cronotipo pretérito. No mesmo espazo tópico, fumegante, da vella cociña aldeá, o derradeiro Xeitoso mantense omnipresente, ao longo da novela. As posturas acougadas, sentado na cadeira, a carón do remol cincento, trócanse nas accións kinésicas de erguerse, acadar a leña para avivecer o fogo, quentar e restregar as mans ateridas, diante das chamas, beber uns grolos de augardente"
Benito Varela Jácome