- Libros
- METODO IDIOMAS, FILOLOGIA Y LINGÜÍSTICA
- Historia da literarura galega vol. 2 De 1853 a 1916
- Libros
- METODO IDIOMAS, FILOLOGIA Y LINGÜÍSTICA
- Historia da literarura galega vol. 2 De 1853 a 1916
Sinopse Historia da literarura galega vol. 2 De 1853 a 1916
Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes; considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social; participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece -e resulta fornecida- de consistencia e sentido. Desde a publicación d'A gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina.