HISTORIAS DE VIGO
Lamas, Jorge
Galego
Galego

Sinopse HISTORIAS DE VIGO

Máis de douscentos mil anos de ocupación nesta beira do Atlántico dan para moitas historias que nalgúns casos teñen nomes e apelidos. Aínda así non son poucos os vigueses que descoñecen o seu pasado e as orixes dalgúns dos seus símbolos de identidade. «Historias de Vigo» pretende ser unha sinxela e amena guía para percorrer eses espazos que o vertixinoso crecemento desta cidade foi deixando no esquecemento coma unha peaxe do progreso. Nesta viaxe pola «viguesidade», o lector estará acompañado por voces expertas e tamén por protagonistas dos acontecementos que verán de axudalo a introducirse nos fitos, na simboloxía local e chegar a algúns dos persoeiros máis interesantes deste recuncho atlántico.
É por iso que a narración non pretende ser académica, senón directa e co menor número de voltas posible. Moitos destes acontecementos axudan a comprender mellor a propia actualidade. Como pode acontecer dentro de moi pouco, os vigueses xa saben o que é ir a Madrid pola estrada de Santiago, ou eliminar horas de traxecto en tren indo por Portugal á capital de España. Aínda vai ser certo iso de que a historia sempre se repite!
EAN
9788491213819
Editorial
Ano de edición
2018
Páxinas
376
Encadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Colección
MEMORIA
Alto
220
Ancho
150
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres