- Libros
- CIENCIAS, TECNOLOGIA Y MEDICINA
- INTRODUCCIÓN AS RELATIVIDADES DE EINSTEIN
- Libros
- CIENCIAS, TECNOLOGIA Y MEDICINA
- INTRODUCCIÓN AS RELATIVIDADES DE EINSTEIN
Primeras páginas
Sinopse INTRODUCCIÓN AS RELATIVIDADES DE EINSTEIN
No libro preséntanse, evitando os formalismos matemáticos propios, os modelos que, ao longo da historia, construímos como resposta á ampliación das nosas escalas de observación, así como diversos feitos que requirían explicación. Einstein tivo un papel protagonista nas dúas últimas teorías; a que hoxe coñecemos como «relatividade restrinxida» ten condicións de uso concretas e el mesmo, unha década máis tarde, ampliou o marco cunha teoría xeral.
Atendendo a certos requirimentos (aquí xógase coa idea da ævaca esférica'), podemos empregar un modelo ou outro máis afinado; pero é evidente que estas relatividades supoñen un fondo cambio na nosa comprensión de conceptos básicos como, por exemplo, «o fluír do tempo». A relatividade xeral explica, ademais, como funciona a gravitación e, sen esquecer o cuántico, é base da Cosmoloxía moderna e inicio da que podería ser, no futuro, unha nova teoría (gravidade cuántica, supercordas?).