Irmandiñas
Marco Rodríiguez, Aurora

Sinopse Irmandiñas

Malia os tímidos avances que se produciron nas primeiras décadas
do século XX, non foi nada doado para as mulleres a incorporación
aos espazos públicos. As irmandiñas non foron unha excepción e a
súa proxección pública foi abondo limitada se a comparamos coa dos
compañeiros, mais o seu compromiso e actividades non foron en absoluto
irrelevantes. Quer no activismo inicial tras o nacemento das Irmandades,
quer nos coros e agrupacións teatrais, na actividade intelectual
no Seminario de Estudos Galegos, no desenvolvemento editorial
galego, na actividade política, no espallamento do ideal galeguista e
republicano, na defensa da lingua, na escrita... Alí estaban as mulleres
galegas cuxas traxectorias se recollen neste libro, para tentar cubrir un
inxusto baleiro.
A través dunha pescuda perseverante en hemerotecas, arquivos,
fundacións, a través de fontes orais, a autora de Irmandiñas confirmou
documentalmente que na acción social, cultural e política, tamén
estaban elas, mais ese mantelo tan opaco que as cubriu e que apenas
deixou pasar unha raiola de luz sobre as súas vidas e accións, foinas
envolvendo até a actualidade. Todas as que figuran no libro desenvolveron
a súa actividade no período 1916-1936 e pódense encadrar dentro
das entidades, asociacións, grupos ou organizacións que encabezan
cada capítulo. Mulleres que deixaron a leira decruada e a semente
botada. É tempo de recolleita.
EAN
9788484874669
Ano de edición
2020
Páxinas
500
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Castelán
Nº colección
380
Colección
Ensaio
Alto
210
Ancho
140
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres