Isto é moi estraño
Tacchini, Matilde
Galego

Sinopse Isto é moi estraño

Un divertidísimo álbum que convida a xogar coas palabras e coas imaxes. Mamá sempre di que eu son o seu pequeno coala. Papá non opina o mesmo, cre que son o seu ratiño. E, cando durmo, non sei por que, os dous pensan que son un leirón... Cada día e en diferentes situacións, os adultos empregamos símiles e metáforas que non sempre son ben comprendidos polas nenas e os nenos máis pequenos. Estas aparentes dificultades son a materia coa que Matilde Tacchini crea esta divertida historia, chea de humor, dobres sentidos e situacións hilarantes que nos invita a xogar coas marabillosas posibilidades creativas da linguaxe. As ilustracións de trazo fresco e rápido de Mercè Galí dialogan co texto acentuando o seu sentido do humor e deixando pistas sutís que nos conducen a un sorprendente final.
EAN
9788413433585
Editorial
Ano de edición
2025
Páxinas
32
Encadernación
Tapa dura
Idioma
Galego
nº colección
EM
Colección
Demademora
Alto
220
Ancho
220
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres