Sinopse Mariña: de deusa a santa
"Mariña: de deusa a santa" está escrito nunha prosa áxil e fluída que facilita un percorrido ameno polas transformacións históricas do culto pagán e do cristián. Estas transformacións converteron os lugares de culto coma montes, fontes, árbores ou lagoas sagradas en lugares cristianizados.
O traballo de investigación realizado polo autor insírese dese xeito nunha tradición de grande importancia para a cultura galega, tradición que chanta as súas raíces no labor do Seminario de Estudos Galegos.
Velaquí un ensaio ben documentado e cunha exposición analítica dun caso senlleiro que constitúe unha especificidade de enorme significado para a antropoloxía cultural de Galicia.
"Mariña: de deusa a santa" gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016.