Medios e políticos baixo sospeita (1990-2023)
Álvarez Pousa, Luís
Galego

Sinopse Medios e políticos baixo sospeita (1990-2023)

A industria da información ten en Internet o aliado perfecto contra o que nun pasado recente facía dos medios de comunicación un contrapoder ao servizo da verdade. E da democracia. Os xigantes tecnolóxicos que dominan o espazo da información pública, como é o caso de Google, Facebook, Amazon ou Twitter, fan circular ininterrompidamente información como se dunha simple mercadoría se tratase. Sen que os poderes institucionais e políticos fixeran nada por regular esa nova orde global sostida polos contravalores da desinformación e a mentira. En medio dese tsunami, os medios tradicionais e o xornalismo son ao tempo vítimas -desactivan a súa función política de intermediarios- e cómplices -réndense ao sensacionalismo e deixan de preocuparse por interpretar o mundo. O autor deste libro seguiu con mirada crítica ese proceso de progresiva degradación do noso máis próximo sistema de comunicación, e articulou un trazado de causas, efectos e responsabilidades que teñen no acontecer político, social e cultural dos últimos 32 anos a súa bagaxe contextual. O autor, no seu novo libro, establece de modo definitivo, cun catálogo abafador de feitos, datos e exemplos, a proba por ADN de que a relación dos medios e os políticos é tóxica. Ignacio Ramonet A farturenta manchea de textos recollidos neste volume son a testemuña viva e a irrebatíbel proba da insubornábel afouteza e diáfana visión de Luís Álvarez Pousa no exercicio do labor dun xornalista auténtico na sociedade na que lle cadrou vivir: o do xornalismo de combate democrático. Xosé Manuel Beiras
EAN
9788484876397
Ano de edición
2023
Páxinas
596
Encadernación
Tapa branda ou peto
Idioma
Galego
Nº colección
435
Colección
Ensaio
Alto
210
Ancho
140
Outros lectores cualificárono con
Déixanos a túa opinión
0 opinións
A túa puntuación
Déixanos a túa opinión
/ caracteres