Memoria dos amigos
AA.VV.
Galego

Sinopse Memoria dos amigos

Nas páxinas deste libro recóllese a crónica dunha vida, dunha vocación apaixonada. "Memoria dos amigos", editado por Galaxia e a Fundación Otero Pedrayo, é a crónica dunha vida ordenada por capítulos temáticos e enmarcada no testemuño de familiares e amigos de Agustín Sixto Seco, moitos dos cales o acompañaron en momentos decisivos da súa vida privada, vocacional e profesional.
Alvaro Sixto, o seu neto, Pedro Guillén, discípulo e figura sobranceira da traumatoloxía española, Xosé Ramón Barreiro, Presidente da Real Academia Galega e Juan Manuel Pérez, vello amigo seu de alén mar e expresidente do Centro Galego de Bos Aires, fálannos do Agustín home, profesional, amigo e galeguista. Cinco esteos que constrúen un libro de cariño e homenaxe a quen foi o primeiro Presidente do padoado da Fundación Otero Pedrayo dende a súa creación no ano 1979 ata pouco antes do seu falecemento en decembro do 2004.
EAN
9788482888132
Editorial
Ano de edición
2005
Idioma
Galego
Colección
SIN COLECCION
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres